Visita de dona Inés Pereiro

Café con inés

O pasado luns 21 de novembro o IES Daviña Rey recibiu a dona Inés Pereiro, nai do poeta monfortino Lois Pereiro, a quen foi adicado o Día das Letras Galegas 2011.

Coa señora Pereiro estiveron conversando os membros comunidade educativa do centro, nun intento de rehabilitar a lembranza do notable escritor. O Daviña Rey –obsequiado por parte de dona Inés cun retrato de Lois- quere agradecer a súa visita, e deixar constancia da nosa vontade de reivindicar a memoria e a obra do poeta.


Advertisements