Amores prohibidos 2.0: unha versión actual e galega do clásico de Willian Shakespeare “Romeo e Xulieta”

A compañía de teatro alternativo Chévere en parcería con os alumnos do IES A Cachada de Boiro, están a facer esta semana (desde o 23 ao 27) unha curiosa adaptación do clásico de William Shakespeare. Trátase de “Amores Prohibidos” coa que pretenden levar o teatro ás redes sociais.

Conta a historia de amor entre Romero e Xiana, dous rapaces que fan parte de distintos grupos de amigos, uns galegofalantes e outros castelán-falantes. É aquí onde radica a dificultade para o seu amor, xa que os grupos, en principio, lévanse mal. A historia comeza cunha festa polo galego que lle fan a Xiana os seus amigos polo seu 15 aniversario. Alí aparecerán Romero e os seus coa intención de boicotearlla, mais é neste momento no que comeza a manifestarse o namoramento dos protagonistas, nunha pequena charla que teñen ao estaren agardando para entrar no servizo. Esa charla continúa despois ao chegaren ás súas casas no Tuenti.

 Porén, o mais orixinal desta experiencia é a forma en que está narrada. Así, a obra pódese seguir en Internet a través das distintas redes sociais: Facebook, Tuenti, Twiter, Youtube… e tamén se pode seguir por medio de dúas paxinas propias: un blogue e outra máis que está estruturada como unha serie de “tweets” ordenados cronoloxicamente e que van desenvolvendo a trama coa axuda de vídeos,ligazóns externas e outros recursos.

 É realmente unha iniciativa moi novidosa e desde aquí recomendámola a tod@s vós. Para seguila podedes ir á páxina. Ademáis, no blogue da obra, “Xespir” irá publicando os seus comentarios e resumos diarios. Tamén tedes máis información sobre a obra no Dioivo e no Praza. Deixamosvos un pequeno petisco para ir abrindo boca:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s