Correlingua 2012

O pasado día 15 de maio celebrouse o Correlingua 2012 en Monforte de Lemos. Nel, como é costume noso, participaron o alumnado de 1º e 2º da ESO. Levamos unha pancarta moi chula que dicía: CORRE DÁLLE Á LINGUA!

Este ano leuse un manifesto dos alumnos de 4º de ESO do CPI de Pontecesures. Podédelo consultar en http://www.correlingua.org/plananos.aspx?ApartId=3.

Un saúdo e lembra

CORRE E DÁLLE Á LINGUA!

This slideshow requires JavaScript.

Día das Letras Galegas 2012

Como sabedes este ano o Día das Letras Galegas adícase a Valentín Paz Andrade. O escritor tivo un labor salientable como avogado, no mundo da empresa, como xornalista, político comprometido con Galicia, no mundo da economía, biógrafo, ensaísta, …

Ademais este ano é o cincuenta aniversario do Día das Letras Galegas, conmemorado pola Real Academia Galega cun logo especial. No Daviña Rei celebrámolo de xeito especial colocando as pancartas que vedes a continuación á entrada do instituto. Podedes premer enriba delas e amplialas. Esperamos que vos gusten!

Tributo a Pink Folyd en Salcedo

O pasado día 12 celebrouse en Salcedo (Pobra de Brollón) unha xornada cultural de gran mérito, que xirou en torno ao grupo musical Pink Floyd.

Durante a tarde sucedéronse diversos actos:

  • Charla-coloquio sobre o tema do Rock no mundo do Cinema, levada a cabo polos membros do Cineclub A Calexa. 
  • Proxección do filme “The Wall” de Alan Parker
  • Conferencia de David Dacal sobre a escea musical de Canterbury nos anos 70, e os chamados grupos de rock progresivo.
  • Charla sobre a discografía de Pink Floyd, levada impartida por Tico Camarero.
  • Actuación musical a cargo do Movemento Tabernario Lemavo.
  • E para o fimal, polas 23:30 comezou o máis esperado da xornada que foi a actuación do grupo Vera Lynn que nos deleitou coas súas magníficas versións de Pink Floyd e Dire Straits. Por certo, o estupendo batería do grupo é o noso ex-alumno SERGIO ÁLVAREZ GUNTIÑAS, os nosos parabéns para el.

A xornada resultou un éxito de participación e como vedes o programa pagaba moito a pena. Ademais involucrou a varios colectivos culturais da zona entre os que figuraban o convocante a Asociación de Veciños de Salcedo, o Cineclub A Calexa e o Movemento Tabernario Lemavo. Agradecerlles aos veciños de Salcedo a súa iniciativa e o seu traballo, que se suma a moitas outras que levan a cabo durante todo o ano.

Con xente así da gusto!

This slideshow requires JavaScript.