Iago Pérez Santalla

Ilímite: máxima capacidade dunha persoa, aquela que, cando a desenvolve, nunca cede ao cansazo, senón o contrario, dá satisfacción, aumenta a autoconfianza e dá forzas para seguir adiante. Nesta actividade a persoa empeza a ser ela mesma e consegue autorrealizarse no seu entorno”

O pasado 19 de decembro, ás 20 horas, tivo lugar unha conferencia a cargo de Iago Pérez Santalla. Nela expúxonos a súa teoría do ilímite e ademais puidemos debater con el e preguntarlle a súa opinión acerca de diversos temas. 

A charla resultou un éxito pola participación do alumnado e, sobre todo, polo amena e didáctica que Iago a fixo.

Desde ollándonos queremos agradecerlle a Iago a súa colaboración e animámolo a seguir co seu labor.

iagosantalla_cartaziago1iago2

VISITA A SANTIAGO

Os días 19 e 20 do mes de decembro o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de BAC realizou unha excursión á cidade de Santiago de Compostela.

Na xornada matinal visitaron dúas interesantes exposicións na Cidade da Cultura: Gallaecia Petrea e Os Códices. Na primeira pódense contemplar valiosas pezas do patrimonio cultural galego e na segunda varios códices medievais entre os que se atopa o famoso Códice Calixtino.

Pola tarde puideron coñecer a catedral de Santiago e, os que acudiron o día 19, pasear os seus fermosos tellados (o alumnado que viaxou o día 20 non puido facer a visita aos tellados por mor do mal tempo).

 Nas seguintes imaxes podedes ver o cartaz e o programa de actividades que realizaron.      

cartel

Visita_Santiago_2012_anv_pax2Proximamente colgaremos algunhas fotos da excursión e publicaremos as bases dos concursos de fotografía e contos curtos que imos convocar.