Venres de Troula no Daviña

cea24confrat

Como sabedes, este venres 24, haberá no Daviña unha gran festa para celebrar que o ano que vén seguiremos tendo a ESO e o Bacharelato no noso centro.

Entre outras actividades haberá unha charla a cargo do xerente da empresa Cilenis responsábel, entre outras cousas, da adaptación do famoso xogo de “Apalabrados” ao galego e do fantástico Conxugador de verbos Cilenis do cal tendes unha ligazón na páxina deste blogue e que tamén podedes ter no voso teléfono (Android ou iOS) como unha aplicación máis.

Pola tarde haberá Campionato de Billarda. Para os que non o coñezades, a billarda é un xogo tradicional que estaba moi extendido nas terras galegas (e tamén en outros lugares mais con outros nomes) non hai moitos anos. As regras de xogo varian moito dependendo dos costumes que se tiñan nas distintas zonas nas que se xogaba, mais se queredes saber un pouco máis do asunto deixámosvos un par de ligazóns onde podedes coñecer un pouco sobre o xogo para que o venres non vos colla de novo:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Billarda

http://ovaral.blogspot.com.es/2005/10/regulamento-lnb.html

Na segunda ligazón tendes o regulamento da LNB (Liga Nacional de Billarda) que é unha asociación que está a promover a súa recuperación celebrando tamén competicións tanto a nivel galego (Superliga de Billarda) como con equipas de outros lugares como o País Basco ou Catalunya ou inclusive da Alemaña.

Por último para repor as forzas que nos deixamos no xogo teremos unha gran paparotada con churrasco e paella a esgalla no ximnasio do Daviña. Contaremos coa actuación do conxunto musical Gramola e tamén cun DJ para a xente máis marchosa.

GRAMOLA-POSTER

Vémonos o venres entón.

Non faltedes!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s