A versión galega do ‘Apalabrados’ arrasa

O ‘Apalabrados’ é un dos xogos máis adictivos do momento, converteuse en Xogo do Ano 2012 na App Store e conta con máis de 10 millóns de usuarios. A fórmula do seu éxito? Trátase dunha variante do clásico Scrabble, adaptado para dous xogadores en móbiles, xógase por quendas sen tempo límite e xa está dispoñible en varios idiomas, incluído o galego. Esa versión na nosa lingua foi encargada pola empresa arxentina Etermax, creadora do xogo, a Cilenis, unha ‘spin-off’ nacida na Universidade de Santiago.

Isaac González, socio da firma compostelá e ben coñecido no noso Centro.

Álvarez Torneiro gaña o Premio Nacional de Poesía por “Os ángulos da brasa”

O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte recoñece a calquera poeta dunha das linguas oficiais no Estado. Creados no 1999 é a primeira vez que o premio do Ministerio de Cultura se concede por unha obra escrita en galego.