Ex-alumnos do Daviña triunfan na III edición dos premios “Somos a curta”

Somos a curta” é un certame organizado pola “Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación” que ten por obxecto ” premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia”.

Pois ben, dous ex-alumnos do Daviña Rey, Denis Losada e Eva Sarmiento, acadaron o 1º premio e máis o premio do xurado grazas á súa participación, como director e editora respectivamente, na curtametraxe que resultou gañadora do certame: “Loita de clases”.

Convidámosvos a vela, xa que paga a pena realmente e desde o “Departamento de Dinamización Lingüística” do Daviña, do fixo parte Eva e desde o resto da comunidade educativa do Daviña vos mandamos os nosos parabéns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s