A visita que realizamos o pasado 15 de novembro á Terra Chá lucense achegounos, ademais de á Fundación Manuel María, ao Castro de Viladonga e a o proxecto Vida de Aldea.
O Castro de Viladonga é un verdadeiro modelo formal de castro característico do Noroeste, con varias murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou aterrazamentos e unha ampla acrópole ou croa central. Neste recinto principal é onde se atopan a maioría das construcións descubertas ata agora: vivendas, currais e almacéns, algún edificio de uso social ou comunal, etc, agrupadas todas elas formando conxuntos ou “barrios” que se articulan en torno a dúas rúas principais e un camiño ou rolda paralela á muralla principal. O Castro tivo un asentamento ou ocupación duradeira e especialmente importante sobre todo entre os séculos II e V da nosa Era, o que o converte nun sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros e do ámbito rural na etapa galaico-romana.
Aí van algunhas fotos.
Vida de Aldea é un proxecto de desenvolvemento rural que pretende implicar ao consumidor na produción dos seus alimentos eliminando intermediarios.
O seu obxectivo é satisfacer a maior parte das necesidades alimenticias familiares, sempre con alimentos producidos baixo as normas da agricultura ecolóxica. Así mesmo pretende poñer de actualidade unha serie de valores asociados á vida nas aldeas como son o amor pola terra, as árbores, os animais…. e a solidariedade entre as persoas.
Aí tedes algunhas fotos.