Sabela González

O pasado luns ás 12:35 tivemos a sorte de poder contar no IES Daviña Rei coa compañía de Sabela González que nos veu falar do seu libro “Bágoa de Lúa”, primeiro da triloxía fantástica “AS CRÓNICAS DE LANDEREINA”.

A escritora, nada en Burela en 1981, traballa na Universidade de Vigo e é tamén unha destacada blogueira, unha debuxante empedernida e poeta esporádica, comparte as súas creacións no blog Gramática de corpos. A obra “Bágoa de Lúa” é a súa primeira novela.

http://www.gramaticadecorpos.com/

Nun seguinte post irán as fotos da visita.

Gañadores dos Concursos de Nadal

Como prometéramos, velaquí as postais gañadoras dos Concursos de Nadal 2013. Esperamos que vos gusten as elixidas, aínda que ao xurado foille bastante difícil elixir, dada a calidade dos traballos presentados e o alto número que deles había. Noraboa aos que gañaron e tamén ao resto dos participantes.

postal1        POSTAL2

Estela Sánchez González (3º ESO-B)           Iago López Enríquez (1º ESO)

Concursos de Nadal

A ANPA convocou en Nadal dous concursos entre o alumnado do centro: un de microrrelatos e outro de postais. Os traballos deberían ter como tema sentimentos, vivencias, lembranzas ou aquelo que o tempo de Nadal nos evoque. Con moito retraso (porque xa pasou hai un mes) amosámosvos aquí os cartaces da convocatoria no que figuran as bases, e nunha próxima entrada subiremos as postais e os relatos gañadores.

Microrrelatos2013_cartaz Postais2013_cartaz

Miguel Anxo Fernández

This slideshow requires JavaScript.

O creador dun dos nosos detectives preferidos, Frank Soutelo, estivo con nos o pasado 4 de decembro. Contounos como era o seu proceso creativo e multitude de anécdotas en torno á creación das súas obras. Desde ollándonos queremos agradecerlle a amabilidade que tivo con nos e dicirlle que agardamos poder volver contar coa súa presenza nunha próxima ocasión.