Como se fixo “Sintel” (I)

Durante o curso pasado, desde a equipa de dinamización lingüística do Daviña promovemos unha actividade que consistiu en facer a dobraxe dunha curtametraxe, cuxa versión orixinal fora feita en inglés, ao galego. O actividade en si parecía complexa, mais finalmente foi máis doada de facer do que de primeiras puidera parecer, por iso imos explicar un pouco por riba o procedimento que seguimos.

A curtametraxe elixida foi “Sintel”, promovida pola fundación holandesa “Blender Foundation” que xa tiña realizado outras e tamén se atopa producindo unha nova agora mesmo. A elección, penso eu, foi acaida xa que encaixaba dentro das características que debería ter para nós: era sinxela, a licenza baixo a cal estaba a obra permitía ser utilizada libremente para exhibir en público e para facer obras derivadas dela. Iso era así porque o propósito polo cal existe a fundación é para a promoción do software libre ou software de código aberto (open source). As notas definitorias do software libre para quen non o saiba son as seguintes:

  • A libertade de executar este programa, con calquera propósito (liberdade 0).

  • A liberdade de estudar como traballa o programa, e adaptalo ás túas necesidades (liberdade 1). Acceder ao código fonte é unha condición previa para isto.

  • A liberdade de redistribuir copias, co que podes axudar ao teu veciño (liberdade 2).

  • A liberdade de mellorar o programa, e liberar as melloras ao público, de modo que se poida beneficiar toda a comunidade (liberdade 3). Acceder ao código fonte é unha condición previa para isto.(as notas definitorias foron sacadas da definición do Software Libre que podes consultar aquí)

É importante ter en conta o anterior porque, de xeito errado, moita xente acha que o software libre é aquel que é distribuído de balde, sen nengunha compensación económica, cando esta non é precisamente unha das súas características. Pode haber software libre gratuíto ou de pago do mesmo xeito que pode haber o que non é software libre (que se pode chamar privativo) gratuíto (Adobe Reader, Winamp Music Player, Adobe Flash Player, e así moitos máis) ou de pago (Adobe Photoshop o propio Windows, Ms Office). Así o que diferenza o software libre do seu contrario (o privativo) sería a posibilidade de acceso ao código fonte do programa para así poder ver o que fai un programa estudalo e modificalo para melloralo e adaptalo as túas necesidades. Así o que defende o movemento a prol do software libre é o libre acceso ao coñecimento e á cultura e que este non fique baixo control de unhas poucas compañías transnacionais. Exemplos de software libre serían: o navegador Firefox, o reproductor VLC, a suite ofimática Libreoffice, etc.

As vantaxes de isto son evidentes; nós fomos beneficiados de que esta obra fose producida seguindo esta filosofía e así puidemos collela, modificala e adaptala ás nosas necesidades tendo na páxina web do proxecto todo o material preciso para levar a cabo a tarefa (incluído un arquivo co audio do filme sen as voces orixinais en inglés mais con a banda sonora e todos os efectos de son, para poder despois nós poder mesturar con as nosas voces en galego). Nun próximo artigo deterémonos en todo o que foi a parte técnica e práctica do proceso unha vez coñecidos os fundamentos teóricos e filosóficos do mesmo. Saúdos e boa fin de semana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s