O Parlamento dará luz verde hoxe á ILP “Valentin Paz Andrade”

O Parlamento Galego aprobará hoxe a Iniciativa Lexislativa Popular coñecida polo nome do poeta, avogado e empresario Valentin Paz Andrade, homenaxeado no Dia das Letras Galegas do ano 2012. Esta iniciativa visa unha maior presenza da lingua portuguesa no ensino así como unha maior participación das institucións galegas nos foros lusófonos culturais, económicos e deportivos.

Os promotores da iniciativa (diversos persoeiros a título individual, asociacións como a AGAL, etc) conseguiron acadar 17.000 sinaturas de apoio á súa proposición polo que foi tomada no seu día en consideración polo Parlamento co voto favorábel de todos os grupos, unanimidade que probabelmente se manteña hoxe no que será o trámite de aprobación definitiva da lei. Os promotores, consideran que a iniciativa é procedente porque o galego: “outorga uma valiosa vantagem competitiva à cidadania galega em todas as vertentes, nomeadamente a económica, desde que disponhamos dos elementos formativos e comunicativos para nos desenvolver com naturalidade no seu modelo internacional”.

O portugués, nas súas distintas variantes (europea, africana e brasileira) é unha das línguas con máis número de falantes a día de hoxe no mundo e pola súa proximidade co galego (teñen a mesma orixe e partillan a meirande parte do seu léxico, ainda que diverxen na norma ortográfica oficialmente recoñecida) é bastante sinxelo para un galego ter un bon dominio nela. Ainda que esa potencialidade non se ten aproveitado até agora, esta iniciativa ven a tentar corrixir esta eiva e para iso promoverase entre outras cousas a recepción en aberto de radios e televisións portuguesas e potenciarase a súa presenza no ensino.

Con respecto a isto último, non se coñece agora mesmo en que consistirá tal presenza: se se fará ofertándoa como unha língua extranxeira, ou ben engandindo módulos complementares á asignatura de lingua galega ou adoptando a norma ortográfica luso-brasileira para o galego (ben convivindo coa norma oficial actual, habendo así dúas normas oficiais coma en Noruega co Noruegués, ou substituíndoa). No seguinte video, se lle cuestiona sobre isto a diversos persoeiros galegos da política e a cultura.

Máis información:

http://praza.com/politica/6705/galicia-comeza-a-aproveitar-a-vantaxe-historica-da-lusofonia/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/03/11/parlamento-aprueba-hoy-ley-ampliar-portugues-galicia/0003_201403G11P139910.htm?idioma=galego

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18045.html

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s