Como se fixo “Sintel” (e II)

Como prometemos nun artigo anterior, imos explicarvos un pouco como fixemos para realizar a dobraxe ao galego da curtametraxe de animación “Sintel”, empregando software libre (ou de código aberto, como prefirades chamarlle). Nese artigo, resaltabamos que o propio proxecto nos facilitou moito as cousas ao poder atopar na páxina web do mesmo materiais cos que traballar.

Así primeiro de nada había que obter da páxina de descargas o arquivo de video (con o son orixinal, non atopamos nengún sen son) e tamén un de son libre de voces co que traballar para engadir as nosas. Despois diso habería que extraer o son orixinal do arquivo deixando somente o fluxo de vídeo. Iso pódese conseguir co programa Handbrake qué é un conversor de vídeo multiplataforma (Windows, Mac OS X e GNU/Linux) que funciona moi ben mas tería unha pequena limitación que sería que somente exporta para arquivos .mkv e .m4v. (Nós utilizamos un programa que se manexa nunha consola por medio de comandos que se chama, por se alguén quere investigar, avconv e que se instala en Debian ou Ubuntu ao instalar o paquete libav-tools).

1-Importar e Audio

Cargarías o arquivo ao que lle vas extraer o audio premendo no botón resaltado no cadrado vermello o que che abriría unha xanela do explorador de arquivos co que procurarías o arquivo nos directorios do teu computador.

Despois terías que seleccionar a pestana marcada coa elipse verde (Audio)

Unha vez en Audio terías que seleccionar a pista de son (aquí habería somente unha, a do cadrado vermello) e premer o botón que se che indica na imaxe para eliminala.

 2-Eliminar pista son

E despois exportar o vídeo:

3- exportar

Con isto xa teríamos a nosa curta sen o son á que posteriormente lle imos engadir a pista que faremos nós coas nosas voces.

Agora baixariamos a pista de son que pon á nosa disposición o proxecto Sintel para ser dobrada, ou o que é o mesmo, a pista coa banda sonora e os efectos de son, mais sen as voces. Pode atoparse aquí.

Supondo que xa teñamos gravadas as nosas voces o paso seguinte e editar ese arquivo de son que baixamos colocándolle as voces en galego. Para iso imos a usar outro programa tamén software libre e tamén multiplataforma que se chama Audacity (co que tamén podemos gravar as voces)

Primeiro hai que importar os arquivos de son necesarios:

4-Importar audacity

Despois trataríase de ir editando as pistas de audio segundo as necesidades. O programa ten funcións dabondo para facelo mais non imos a explicalas polo miúdo porque sería moi extenso. Como podedes importar varias pistas de audio un consello é importar a pista de son orixinal con voces en inglés para orientarvos e ver onde tendes que colocar con precisión as voces que engadimos en galego. O resto farase cortando e pegando fragmentos de son e colocándoos no sitio apropiado. Titoriais de Audacity podedes atopalos pola rede e déixovos algunhas capturas de pantalla embaixo para orientarvos.

5-Seleccionar Audacity

6-Voces

7-Exportar AudacityUnha vez rematado de exportar o arquivo ben sincronizado (debería durar o mesmo que o orixinal e ter as voces colocadas no sitio preciso), teríamos que inserilo no vídeo sen audio que obtivemos antes co Handbrake. Para iso utilizaremos un editor de vídeo chamado Openshot (este so existe para GNU/Linux que eu saiba mais supoño que haberá programas de similares características para as outras plataformas).

Arrastra e soltarpng

E máis ou menos isto foi todo. Sinxelo, non? Agardamos que todo isto fose de utilidade para vós e se atopamos outro filme que se axeite ás características que precisamos podamos repetir a experiencia.

Apertas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s