Francisco Castro no Daviña

O escritor vigués Francisco Castro acompañounos no Daviña para falar sobre a súa novela “O corazón de Branca de Neve”.

CAM01427 As nosas alumnas de 4º da ESO, Mimí e Laura, deleitáronnos con un rap.
Deixamos aquí a letra composta por Mimí e inspirada na novela.

Un inspector especial
vainos a axudar
unha bebé desaparecida
Leila cura a túa ferida.

Hermida, busca a nena
busca, a quen a teña.
Sonia, ven e axuda
faille caso ás túas pescudas.

Losada, mal policía
corrupto, noite e día.
Hermida, deteno
lévao ao inferno.

Leila, recuperarás a túa filla
tan só confía en Hermida.
Losada, ó cárcere vas,
diso ninguén te salvará.

Advertisements