Visita Inés Pereiro, X.M. Pereiro e Manuel Rivas

No IES Daviña Rey tivemos o gran privilexio de contar con tres grandes persoeiros, Inés Pereiro, X.M. Pereiro e Manolo Rivas, que nos brindaron a oportunidade de coñecer un pouco máis a vida de Lois Pereiro e transmitíronnos a importancia dos pequenos detalles.

Dende un primeiro momento, amosaron o grande agarimo e respecto que lle tiñan a Lois. A través das historias e dos poemas que nos contaron e leron, puidemos ver a meneira de Lois de escribir e sentir.

Se foi un día emotivo para os que non coñeciamos a Lois, supoño que moito máis para a súa nai e o seu irmán presentes no acto. Respecto a Inés, dicir que se trata dunha persoa entrañable que adicou a súa vida ao ensino, polo que seguramente influiu no seu fillo.
Manolo Rivas, tratándose dun dos escritores máis relevantes da nosa terra, supón un orgullo a súa visita ao noso centro e moito máis o detalle de deixarnos un pequeno anaco de toxo (a súa flor favorita) ao final do salón de actos, enriba dunha cadeira, e sen que ninguén tivera constancia ata que o atopamos.

Rematar dicindo que a curta vida de Lois impediu desenvolver o que sería a súa grande obra, aínda que un escritor non ten sona por escribir moitos libros senón pola súa calidade.

Susana Costa Otero 1º Bac A

DSC_0006 DSC_0043 DSC_0052 DSC_0060 DSC_0065

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s