No noso centro celebramos o Día das letras 2016 adicado a Manuel María con diversas actividades ao longo de todo o mes de maio.
Boa conta disto son os traballos realizados polo noso alumnado coa elaboración de carteis.
Debuxos inspirados no Cancioneiro de Monforte
Un monográfico de Manuel María
Tamén tivemos no centro un acto de homenaxe a Manuel María. O alumnado recitou poemas e falou da súa vida e obra, e rematamos coa magnifica actuación de Iria e Gonzo, integrantes do grupo Clave de Fado.
Presentouse tamén a actividade Metrominuto, unha actividade realizada polo noso alumnado dentro do Plan Proxecta.
Ademais o alumnado de 1º de BAC presentou o vídeo que elaboraron a partir do poemario Cancioneiro de Monforte.
Nos corredores podemos ver carteis que nos achegan a información deste escritor tan querido en Monforte.
Para rematar, deixámosvos unha adicatoria de Manuel María ao noso Centro.