About ollandonos

Somos o blogue do departamento de dinamización e normalización lingüística. Pero somos máis ca iso.

Día das Letras Galegas no Daviña

No noso centro celebramos o Día das letras 2016 adicado a Manuel María con diversas actividades ao longo de todo o mes de maio.

Boa conta disto son os traballos realizados polo noso alumnado coa elaboración de carteis.

Debuxos inspirados no Cancioneiro de Monforte

Un monográfico de Manuel María

Tamén tivemos no centro un acto de homenaxe a Manuel María. O alumnado recitou poemas e falou da súa vida e obra,  e rematamos coa magnifica actuación de Iria e Gonzo, integrantes do grupo Clave de Fado.

This slideshow requires JavaScript.

Presentouse tamén a actividade Metrominuto, unha actividade realizada polo noso alumnado dentro do Plan Proxecta.

This slideshow requires JavaScript.

Ademais o alumnado de 1º de BAC presentou o vídeo que elaboraron a partir do poemario Cancioneiro de Monforte.

IMG-20160519-WA0022Nos corredores podemos ver carteis que nos achegan a información deste escritor tan querido en Monforte.

IMG-20160519-WA0024

Para rematar, deixámosvos unha adicatoria de Manuel María ao noso Centro.

IMG-20160519-WA0001

 

Advertisements

Correlingua

Un ano máis o Correlingua chegou a Monforte. Foron moitos os rapaces que se achegaron a celebrar este día e reivindicar o uso da nosa lingua. Unha xornada moi animada na que participou o noso alumnado.

This slideshow requires JavaScript.

Visita do alumnado da ESO á casa museo de Manuel María

O alumnado da ESO visitou a casa museo de Manuel María en Outeiro de Rei.

This slideshow requires JavaScript.

Tamén fixeron unha ofrenda floral e leron uns poemas ante a tumba do autor a quen lle adican este ano o Día das Letras Galegas.

This slideshow requires JavaScript.

Ademais tamén se achegaron ata o Castro de Viladonga.

This slideshow requires JavaScript.

Viaxe a Portugal 2015

Un ano máis, a xente do Daviña fomos despedir o curso por terras portuguesas. Este ano a viaxe durou un día máis, o cal aproveitamos para facer unha primeira toma de contacto coa capital: Lisboa.

Deixamosvos alugnhas fotos desta enriquecedora experiencia:

Conferencia de Isaac González

avalingua copiaPoden os computadores comprender a nosa lingua?

Nesta charla abordarase a importancia das línguas, a unión das línguas e a tecnoloxía e a experiencia de Cilenis Language Technology nesa unión. Tamén se falará da recente saída de Linguakit.com, un portal web e móbil de ferramentas lingüísticas avanzadas, aberto á comunidade educativa, xornalística e en xeral das persoas que utilizan a língua escrita.

Relator: Isaac González

Enxeñeiro informárico pola Universidade da Coruña. Master en dirección de empresas pola Universidade de Santiago. Foi investigador pola Universidade de Santiago, con estadías investigadoras en Malta e Portugal. Foi docente da Xunta de Galicia tanto no ensino regrado como non regrado. Traballou como enxeñeiro de software en Holanada para a empresa Iqnomy. Agora é director xerente de Cilennis Language Technology. Unha empresa Spin-off da Universidade de Santiago que se adica á tecnoloxía lingüística.

Viaxe a Portugal!!!!!!! Xuño 2014

Foto 01 Foto 02

COIMBRA
Coimbra é una cidade portuguesa situada na Rexión Centro e conta cuns 11-0.000 habitantes. Está bañada polo río Mondego.
Cidade de rúas estreitas, escaleiras, patios e arcos medievais. Foi berce de nacemento de seis reis de Portugal e a primeira universidade de Portugal sendo unha das máis antigas de Europa.
Conquistada por romanos e árabes xa no s. XII presentaba a estrutura divi-dida en Cidade Alta, barrio universitario e de cregos, e Cidade Baixa ,ao pé do Mon-dego, de artesáns e comerciantes.
A cidade vella está situada na zona alta onde se atopa a Velha Universidade, a Sé Velha, o Arco de Almeida…

VELHA UNIVERSIDADE
A Universidade ocupa os edificios do antigo Pazo Real, restaurados e recon-vertidos en “Paço dos Estudos” en 1540.
Acedemos ao Patio das Escolas pola Porta Férrea construída no s. XVII. O Patio está dominado por unha torre do s. XVIII coñecida co nome de “a cabra”, ao seu carón está a Biblioteca e a Capela de Sao Miguel, subindo as escaleiras a Sala Capelos (Salón de Actos).
A capela é de estilo manuelino cunha elegante portada e e un bonito órgano.
A Biblioteca Joaninha, foi mandada edificar polo rei Juan V en 1724 e abar-ca tres amplas salas; mobles de madeiras nobres realzados cunha suntuosa decora-ción barroca de inspiración oriental en madeira dourada. Os teitos pintados con pers-pectivas falsas. Alberga uns 70.000 libros encadernados en coiro.

SÉ NOVA
Non ten unha grande importancia arquitectónica. A construción iniciárona os xesuítas en 1598 e rematouse de construír un século máis tarde.

SÉ VELHA
Parece máis ben unha fortaleza. Construída a finais do s. XII. Románico pu-ro, salvo a portada norte, renacentista renovada no s. XVI. Interior sinxelo.
Baixamos polas escaleiras da rúa Quebra Costas e saímos da parte alta polo Arco de Almedina, macizo portal mourisco de orixe medieval. Saímos á rúa Ferreira Borges, e se tivésemos tempo collemos á dereita pola rúa Visconde da Luz para visitar a igrexa e Mosteiro da Santa Cruz, senón collemos á esquerda e baixamos pola rúa Ferreira Borges , chegando ao Largo da Portagem.

SAO MARTINHO DO PORTO
Pequena cidade duns 2.800 hab. É un lugar de veraneo cunha preciosa baía en forma de cuncha con praias de area fina e augas tranquilas.

PENICHE
Conta cuns 15.000hab. Antiga illa que se uniu ao continente no s. XVI ao cre-arse un estreito istmo. Importante porto pesqueiro de Portugal.
A Fortaleza do s.XVI domina o extremo sur da península e serviu de forte militar ata 1974. Nos anos 50 e 60 foi un dos famosos cárceres do ditador Salazar para prisioneiros políticos. Del fuxiu, en 1960, o líder comunista Alvaro Cunhal xunto con outros dez compañeiros.
O museo ten dúas partes diferenciadas: unha relacionada coa arqueoloxía e as expedicións marítimas e outra de cómo era a vida dos presos políticos na época do réxime ditatorial.

ÓBIDOS
Cidade incrustada entre murallas medievais moi ben coidadas, conta cuns 3.500 hab. Casas encaladas bordeadas de azul e marelo con lilas e roseiras dan a ben-vida ao visitante.
Óbidos foi reconquistada aos árabes por Alfonso Enríquez no ano 1148. Can-do o rei D. Dinis visitou Óbidos con Dona Isabel en 1228, a raíña quedou namorada da cidade e D. Dinis decidiu entregarlla como agasallo de vodas.
Antes da entrada da cidade podemos ver o acueduto, data do s. XVI e ten unha lonxitude de 3 kms. Servía para traer auga ao chafariz da praza de Sta. María dende unha fonte situada a 6 kms; tres dos cales estaban soterrados.
Entramos na cidade pola Porta da Vila, dobre porta en zigzag co interior revestido de panos de azulexos. Entramos na rúa Dereita que flanqueada por casas brancas, floridas de pelargonios e buganvillas remata no castelo.
A medio camiño deixamos á dereita a praza de Sta. María coa súa Picota e a Igrexa de Sta. María, lugar no que en 1444 o rei Afonso V de Portugal con 10 anos de idade casou coa súa curmá Isabel de 8 anos. No interior da igrexa muros totalmente recubertos de azulexos do s. XVII con grandes motivos vexetais. Á dereita do altar pinturas de Josefa de Óbidos. No presbiterio un sepulcro renacentista.
Seguindo pola rúa Dereita chegamos ao castelo, fortificación erixida por Don Dinis no s.XIII , reconvertido en pazo tres séculos despois. A súa estrutura res-ponde ao modelo tradicional coas súas torres, ameas e grandes portas. Na actualida-de é unha Pousada (Parador).

As murallas teñen aceso dende diferentes puntos da cidade, na Porta da Vila, a carón do castelo… datan da época dos árabes pero foron restauradas no s. XII, XIII e XVI. O camiño de ronda, que se pode percorrer na súa totalidade, ofre-ce unhas moi bonitas vistas das casas e os seus xardíns así como dos seus arredores.

NAZARÉ
Nazaré benefíciase do seu excepcional emprazamento; unha longa praia do-minada á dereita por un abrupto cantil. A cidade componse de tres aglomeracións diferentes: a Praia, a máis importante; o Sitio, construído no alto do cantil e Peder-neira, o núcleo máis antigo de Nazaré e abandonado no s. XVII polos pescadores que pasaron a instalarse máis cerca do mar, na actual Praia.
Nazaré era moi famosa polos traxes e tradicións dos pescadores. Estes ves-tidos cunha camisa e pantalón de cadros, cun gorro de lá negra, remontaban os bar-cos na praia coa axuda duns roletes baixo a atenta mirada das mulleres, vestidas de negro que deixaban entrever as puntillas das sete saias superpostas de diferentes cores.
A Praia constitúe basicamente o pobo de Nazaré, casas brancas e rúas es-treitas. Non hai grandes monumentos, o principal atractivo está no barrio dos pesca-dores. Fronte ao barrio unha ampla praia protexida dos ventos e da violencia do océa-no no seu lado norte polo cantil.
O Sitio, arriba no cantil de 110 m. ofrece unha bonita vista da cidade e da praia. Destacamos no Sitio o Miradoiro, a ermida da Memoria, a igrexa de Nossa Sen-hora de Nazaré e o Farol.
A Ermida da Memoria, é unha minúscula capela situada cerca do miradoiro que conmemora o milagre que salvou a vida de Fruas Roupinho, quen unha brumosa mañá de setembro de 1182 perseguía, a cabalo, un cervo, que se precipitou ó baleiro dende o alto do cantil. Cando o cabalo tamén ía precipitarse, D. Fruas implorou á Nosa Señora de Nazaré e o animal deu media volta, salvándolle así a vida.
A fachada, o teito e o interior están cubertos de azulexos.
A Igrexa de Nosa Señora de Nazaré está situada na praza principal. Edifi-cada a finais do s. XVII ten unha entrada barroca que se abre no alto dunha escalina-ta semicircular. O interior está decorado de azulexos que representan escenas da Biblia.
O Farol está construído sobre un fortín que ocupa o extremo do cantil. Nes-te lugar é onde se producen as maiores ondas do mundo para a práctica do surf. Un canón submarino cunha extensión de 200 km, 5000 m de profundidade e que remata a apenas 100 m da costa, fai que se produzan ondas de máis de 30m de altura, só sur-feadas polos máis atrevidos deportistas.

ALCOBAÇA
No centro desta pequena cidade atopamos unha das máis belas abadías cis-tercienses que nos deixou a Idade Media. Cóntase que chegou albergar 999 monxes que se alternaban para oficiar misa ininterrompidamente.
Alcobaça está situada nunha rica rexión agrícola sucada polos ríos Alcoa e Baça, que lle deron o nome.
En 1147 Afonso Enríquez, primeiro rei de Portugal, fundou a abadía de Alco-baça. A construción comezou en 1178, pero os edificios foron destruídos polos musul-máns. As obras volveron comezar a principios do s. XIII e a igrexa rematouse en 1253.

A IGREXA
Impresionante pola extraordinaria simplicidade, conserva a pureza e auste-ridade da arquitectura cisterciense, realzada por paredes núas e espazos completa-mente libres de obstáculos co obxecto de mellorar a iluminación.
Da fachada orixinal, alterada polas reformas do s. XVII e XVIII, só quedan a portada e o rosetón. As estatuas representan (de abaixo a arriba) San Bieito e San Bernardo, despois as catro virtudes cardinais (fortaleza, prudencia, xustiza e tem-peranza) e no nicho Nosa Señora de Alcobaça.
Na igrexa a nave é amplísima e austera, é impoñente, mide 106 m de longo e só 23 de ancho, con enormes piares e columnas truncadas. As naves laterais sorpren-den pola súa verticalidade, case tan altas como a nave central. Rematan todas en bó-vedas oxivais.
No cruceiro están as tumbas de Inés e D. Pedro (s.XIV). Monumentos de estilo gótico flamíxero, esculpidos delicadamente en pedra caliza, foron danados en 1811 polos soldados franceses. Están situadas nos cruceiros norte e sur, enfrontados para que no momento da resurrección o primeiro que visen fosen os ollos do outro amado.
A tumba de Inés de Castro. Sostida por seis anxos, a imaxe xacente des-cansa sobre o sepulcro, que nas caras están coroadas por un friso cos escudos de Portugal e dos Castro. Nos lados evócanse escenas da vida de Cristo. Na cabeza da tumba hai unha crucifixión na que destaca a Dolorosa ao pé da cruz. Un interesante Xuízo Final adorna a cara situada aos pés. Abaixo, á esquerda , os mortos erguen as lousas das súas tumbas para acudir ao Xuízo; á dereita , os condenados precipítanse nas fauces dun monstro que simboliza o inferno.
A tumba de D. Pedro. Baixo unha sobria estatua xacente, a tumba describe nas súas caras laterais a vida de San Bartolomé patrón do rei. Na cabeceira un bonito rosetón representa a Roda da Fortuna con escenas da vida de D. Pedro e Dona Inés.

Tras o coro a capela do Santísimo.

CLAUSTRO DO SILENCIO
A carón da nave da esquerda está o claustro, construído en época do rei D. Denís (1308). En tempos do rei Manuel (s.XVI) engadiuse o piso superior.
Unha bonita portada da aceso á sala capitular. Volvemos ao claustro , onde unha escaleira conduce aos cuartos dos monxes.
Chegamos á monumental cociña recuberta de azulexos brancos ribeteados en azul. Con 18 m de alto da cabida á grandiosas chemineas baixo as que podían asarse ata sete bois á vez. Unha canle do río Alcoa subministraba constantemente auga co-rrente. Na pía mantiñan os monxes peixe de río fresco para os seus menús.
Contiguo á cociña o refectorio, magnífica sala oxival na que destaca unha escaleira, incrustada no muro que daba acceso ó posto destinado ao lector. Fronte ó refectorio o lavabo que se eleva ata o piso superior.
A sala dos Reis amosa nas súas paredes esculturas dos monarcas portugue-ses. Non muros azulexos dos s. XVI e XVII narran as orixes do mosteiro. É curioso o gran caldeiro que foi apreixado aos españois na batalla de Aljubarrota.

ALJUBARROTA
Camiño de Santa María de Batalha cruzamos a pequena vila de Aljubarrota. Nos arredores da vila tivo lugar a batalla de Aljubarrota.
Sendo herdeiro da coroa portuguesa un fillo do rei castelán Xoán I, os no-bres portugueses decidiron dar un rei portugués ao país pois temían que se producise así a incorporación de Portugal á coroa de Castela.
Para recuperar o trono, o monarca castelán invadiu Portugal, saíndolle ao encontro Nuno Alvares Pereira cun exército inferior. O combate produciuse o 14 de agosto de 1385 nas aforas de Aljubarrota e rematou coa vitoria dos portugueses

Historia de Pedro e Inés

Sendo Pedro I herdeiro da coroa portuguesa, casou con Constanza, filla dos reis de Castela. Entre as damas de honra da Infanta destacaba unha de gran beleza: Inés. Pedro pronto se namorou dela. Constanza faleceu de parto e Pedro proseguiu en amo-ríos con Inés con que, sen estar casado, tivo catro fillos. Temerosos os conselleiros do rei Afonso IV dunha relación que día a día se facía máis evidente e que podería intro-ducir na Corte unha excesiva influencia española se fose coroada raíña, acordaron asasinala. Pedro unha vez no trono dispúxose a vingar o crime. Mandou perseguir os asasinos ós que lle arrancou o corazón e logo desenterrar a Inés para levala ata Alco-baça. Alí, fíxoa coroar sentada no trono, e obrigou á nobreza a renderlle pleitesía como raíña. Inés de Castro, filla de Pedro Fernández de Castro señor de Monforte, foi raíña despois de morta.

Axudados polos arqueiros ingleses do Duque de Lancaster.
Juan I converteuse así en rei indiscutido de Portugal. Para celebrar a vitoria e agradecer o auxilio divino que cría ter recibido mandou levantar o mosteiro de San-ta María da Vitoria e fundar a vila de Batalha.

SANTA MARÍA DA VITORIA – BATALHA
Tres anos despois de producirse a vitoria do exército portugués (1388) co-meza a levantarse o mosteiro, traballos que rematarían en 1416. Está considerado como a obra máis importante do gótico e do manuelino portugués.

A IGREXA
Para acadar a solemnidade desexada pensouse nun edificio gótico seguindo o modelo de Alcobaça. Buscouse a máxima simplicidade, suprimíronse campanarios, co-mo mandaba a orde dos dominicos.
A fachada sorprende polos pináculos e contrafortes. A portada está profu-samente esculpida amosando no tímpano a figura de Cristo e os evanxelistas. De pé, a ambos lados da porta, os apóstolos (un deles suxeita o demo encadeado) e sobre eles: santos, profetas, reis, anxos… en total 78 estatuas. O rosetón está substituído por unha magnífica fiestra acristalada.
O interior dunha gran sobriedade, impresiona pola grande altura da nave central. Posúe 80m de longo, 22 m de ancho e 32,5 de altura. Potentes piares e no coro bonitas fiestras manuelinas.

CAPELA DO FUNDADOR
A capela é de planta cadrada cuberta por unha cúpula octogonal estrelada. No medio están as tumbas de Joao I e a súa muller Fillipa de Lancaster, ao seu redor as dos fillos: Pedro, Enrique o Navegante, Joao e Fernando.

CLAUSTRO REAL
Unha porta da acceso dende a nave esquerda da igrexa ao claustro. Constru-ído en estilo gótico onde podemos apreciar a arte manuelina: cordas, lotos, trevos, follas de loureiro, esferas… Columnas ricamente ornamentadas sosteñen falsas vi-dreiras e deixan pasar a luz dende o fermoso xardín que se atopa no patio.

SALA CAPITULAR
Con case 20 m de lado, é unha prodixiosa obra arquitectónica pola audacia con que está concibida a súa cúpula sen ningún apoio central. . Contan que o arquitecto Afonso Domingues, moi criticado polo arriscado da construción, rematada a obra e retirados os andamios, permaneceu toda a noite baixo a cúpula para amosar a con-fianza nos cálculos que realizara.. A cara do arquitecto aparece esculpida cerca de onde os soldados fan garda fronte á tumba dos Soldados Descoñecidos, en honra dos
soldados mortos durante a 1ª Guerra Mundial. Unha bonita fiestra manuelina con cristaleira ilumina a estancia.
Do lado oposto á sala do Capítulo temos a entrada do antigo refectorio con-vertido nun museo. Fronte á entrada un chafariz onde os monxes antes das comidas lavaban as mans.

CLAUSTRO DE AFONSO V
Afonso empobrecido polas campañas de España e África tivo que fundir xo-ias da igrexa para repoñer as arcas reais. Non obstante, deixou como recordo un bo-nito claustro gótico exemplo de sobriedade e recollemento.

CAPELAS INACABADAS
Duarte I quixo construír un panteón para os seus descendentes. Encargou a edificación dunha gran capela octogonal pegada á ábsida da igrexa. A obra gótica interrómpese coa morte do rei. Os seguintes reis, empeñados en viaxes ás Indias, non teñen cartos para continualas, ata que Manuel o Afortunado decide a reanudación. Remátanse as bóvedas das sete capelas radiais e érguese a portada de entrada, au-téntico encaixe en pedra, que o converte na obra sen par da arte manuelina. Neste portal podemos apreciar; cordas e nós de mariñeiro que simbolizan gloria e éxito da navegación portuguesa; piñas, que simbolizan fertilidade; follas de hedra e parra…

GRUTAS DE MIRA DE AIRE
As covas de Mira d’Aire foron descubertas en 1.947, pero só seis anos des-pois foi posible coñecer totalmente o percorrido que hoxe está aberto ao público. Son as maiores covas de Portugal e posúen unha gran beleza, que se pode apreciar na Rota das Estalactitas, que inclúe varios espazos: a “Sala Grande”, a “Sala Vermella” e a maxia da cor; o brillo da “Xoiería”; a “Cúpula Maxestosa”. Un paseo por este lugar fainos serpentear por centos de metros e admirar a revelación de estrañas e variadí-simas formacións calcáreas, como a Medusa e os Pequenos Lagos, o Marciano, a Boca do Inferno e o Órgano. Interesantes son tamén os pequenos regatos e o río Negro, cuxas augas (saltando en fervenza) xúntanse ás do Gran Lago. Aquí, pódese apreciar o gran espectáculo final de auga, luz e son.
Despois de percorrer 600 m e ter baixado 110 un elevador levaranos á saída.

FÁTIMA
O 13 de maio de 1917 tres pastores gardaban as súas ovellas en Cova de Iría cando de repente se iluminou o ceo e apareceu a Virxe baixo unha aciñeira. Pediulle que volvesen ó mesmo lugar os días 13 de cada mes e que en outubro lles diría quen era e que quería. O 13 de outubro, nun día de chuvia, unha multitude de 70000 perso-as chegou ata o lugar. Nun momento dado a chuvia parou e o sol comezou a xirar como unha bóla de lume. A Virxe díxolle aos nenos: Son a Virxe do Rosario e quero que se

ALBERGUE JUVENIL ALFEIZERÃO – SÃO MARTINHO DO PORTO Tlf. +351 262 990 392

Para chamar a España o prefixo é 0034
Teléfono de contacto de profesores 00351 639 878 655
Lembra que Portugal é un país no que se fala portugués. Sede educados e correctos no trato, os portugueses vano ser convosco.
Vocabulario imprescindible :
Ola! / Ola! Bos días / Bo día Boas tardes / Boa tarde
Boas noites / Boa noite Como se chama? / Cal é o seu nome? Vostede / vocé
Adeus / Adeus Por favor / Faz favor Gracias / Obrigado-obrigada (m,/f.)
Si / Sim Non entendo / Nao entendo Disculpe / Com licença
Non / Nao Canto costa? / Quanto custa? Un momento / Un bocadinho
Unha auga fría / Um agua fresca Unha auga do tempo / un agua natural Un té / chá
Un café / Uma bica Un café pouco cargado / Un carioca Un café cortado / Un garoto Unha caña / Un fino Cervexa de barril grande / Uma caneca Unha botella / Uma garrafa
Xamón / Presunto Polo / Frango Tire (dunha porta) / Puxe Empuxe / Empurre
Unha bolsa / Um saco Envolver un obxecto / Embrulhar O servicio / A casa de banho

Nun concurso oficial promovido polo goberno, Portugal elixiu as sete maravilhas do país. Foron seleccionados 793 monumentos nacionais. Peritos especializados na materia fixeron unha lista de 77 e un consello de notábeis reduciron a lista a 21. Durante sete meses foron votados polo pobo portugués que escollería como preferidos os seguintes: Castelo de Guimaraes Castelo de Óbidos Mosteiro de Alcobaça Mosteiro de Batalha Mosteiro dos Jerónimos Torre de Belén Palacio da Pena
O curso pasado na viaxe tivemos a sorte de coñecer un deles: Castelo de Guimaraes. Este ano coñeceremos tres máis: Castelo de Óbidos, Mosteiro de Alcobaça e Mosteiro de Batalha. Será posible que o próximo ano poidamos visitar os tres que nos faltan? De vós depende.
constrúa aquí unha capela na miña honra.
A maior parte das construcións que xurdiron foron hoteis e comercios debi-do á grande afluencia de peregrinos.
A basílica foi construída en 1925 en estilo neoclásico e neobarroco. Consta dun corpo case rectangular cunha gran torre no centro e un peristilo que enlaza as dependencias conventuais e hospitalarias. No interior da igrexa están soterrados os restos dos pastores. Enfronte unha inmensa explanada que dá cabida aos miles de peregrinos que se achegan a Fátima principalmente nas primeiras semanas de maio.
A aciñeira orixinal desapareceu, así como a primitiva capela construída en 1919. Outra árbore substitúe á orixinal e unha segunda capela alberga a imaxe de Nª Señora de Fátima, ofrecida polo pobo en 1920. Son moitos os peregrinos que pasan cada día por esta capela para rezar o rosario.

IES DAVIÑA REI
PORTUGAL 2014

Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística
IES DAVIÑA REI
Monforte de Lemos
LUGO