Acerca de ollandonos

Somos o blogue do departamento de dinamización e normalización lingüística. Pero somos máis ca iso.

Efemérides: un día coma hoxe hai cen anos naceu Xosé Mª Díaz Castro

O poeta será o homenaxeado neste ano polo Día das Letras Galegas. Se queredes ir sabendo máis sobre el deixamosvos algunhas ligazóns:

http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/centenario-diaz-castro-inaugura-actos-no-ano-dedicado-ao-poeta/20140213102322024113.html

http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/armando-requeixo-diaz-castro-estela-solitaria-na-nosa-historia-literaria/20140219063741024352.html

http://praza.com/cultura/6551/diaz-castro-e-un-outsider-un-creador-cunha-estetica-unica/

Presentación dos actos do Ano Díaz Castro

O “amornado” compromiso co galego dalgúns medios de comunicación

Hoxe, nun coñecido medio de comunicación galego, podemos ver cun simpático exemplo a que se reduce a presenza do galego nalgúns medios de comunicación e a falla de atención que prestan ás edicións dixitais en galego. Deixamosvos dúas capturas de pantalla abaixo para que vexades por vós mesmos. Non se trata de unha palabra no medio dunha noticia senón do titular.

Pódese deducir en qué consiste a edición en galego deste medio: simplemente pasar un traductor automático á edición en castelán. O lamentábel disto é que estes medios reciben subvencións (cartos de todos) por publicar en galego.Captura de pantalla de 2014-02-12 10:35:13 Captura de pantalla de 2014-02-12 10:40:28

Rap Bágoa de lúa

Nun lugar cheo de amazona
escóndete onde poidasLandereina en perigo está
quen a vai salvar?

Berenguela e Güenaela
dúas valentes moi guerreiras
o que deben conseguir
é salvarnos para vivir.

Pedra de lúa nosa perdición
para algúns grande ambición
a bágoa deben destruír
parra volver sorrir.

Nesta aventura xa verán
os amiguiños que farán
dende centauros ata un mago
conseguiremos aliados.

Esmeralda (Mimí)

Sabela González

O pasado luns ás 12:35 tivemos a sorte de poder contar no IES Daviña Rei coa compañía de Sabela González que nos veu falar do seu libro “Bágoa de Lúa”, primeiro da triloxía fantástica “AS CRÓNICAS DE LANDEREINA”.

A escritora, nada en Burela en 1981, traballa na Universidade de Vigo e é tamén unha destacada blogueira, unha debuxante empedernida e poeta esporádica, comparte as súas creacións no blog Gramática de corpos. A obra “Bágoa de Lúa” é a súa primeira novela.

http://www.gramaticadecorpos.com/

Nun seguinte post irán as fotos da visita.

Gañadores dos Concursos de Nadal

Como prometéramos, velaquí as postais gañadoras dos Concursos de Nadal 2013. Esperamos que vos gusten as elixidas, aínda que ao xurado foille bastante difícil elixir, dada a calidade dos traballos presentados e o alto número que deles había. Noraboa aos que gañaron e tamén ao resto dos participantes.

postal1        POSTAL2

Estela Sánchez González (3º ESO-B)           Iago López Enríquez (1º ESO)

Concursos de Nadal

A ANPA convocou en Nadal dous concursos entre o alumnado do centro: un de microrrelatos e outro de postais. Os traballos deberían ter como tema sentimentos, vivencias, lembranzas ou aquelo que o tempo de Nadal nos evoque. Con moito retraso (porque xa pasou hai un mes) amosámosvos aquí os cartaces da convocatoria no que figuran as bases, e nunha próxima entrada subiremos as postais e os relatos gañadores.

Microrrelatos2013_cartaz Postais2013_cartaz

Miguel Anxo Fernández

This slideshow requires JavaScript.

O creador dun dos nosos detectives preferidos, Frank Soutelo, estivo con nos o pasado 4 de decembro. Contounos como era o seu proceso creativo e multitude de anécdotas en torno á creación das súas obras. Desde ollándonos queremos agradecerlle a amabilidade que tivo con nos e dicirlle que agardamos poder volver contar coa súa presenza nunha próxima ocasión.

O Daviña nos Encontros de Cineclubs

Os pasados días 16 e 17 de novembro celebráronse en Monforte os Encontros de Cineclubs. Nesta edición participaron representantes das federacións de cineclubs de Portugal, Cataluña e Galiza. Na primeira xornada poidemos expoñer as actividades que realizamos co audiovisual no noso instituto, facendo énfase no proxecto de dobraxe e subtitulado ao galego que levamos a cabo o pasado curso e que, visto o éxito da actividade, continuaremos este. Amosamos algunhas fotos do evento e o programa que se realizou. Resultaron unhas xornadas do mais estimulante e os comentarios por parte dos asistentes foron moi gratificantes, animándonos a seguir coas nosas actividades.

This slideshow requires JavaScript.