I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos

O Colectivo Lemos Le convoca esta primeira edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes ha historia das Terras de Lemos. Cada ano escollerase a figura dunha muller que fora relevante na historia das Terras de Lemos, que nacera, vivira ou morrera na comarca, ou cuxa vida estivera moi relacionada con ela. Intentarase que cada convocatoria sexa adicada a unha muller dunha localidade diferente.

O certame deste ano versará sobre a figura de Inés de Castro, establécendose dúas modalidades: a) Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos b)Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

cartel_inesdecastro_peq

Como se fixo “Sintel” (e II)

Como prometemos nun artigo anterior, imos explicarvos un pouco como fixemos para realizar a dobraxe ao galego da curtametraxe de animación “Sintel”, empregando software libre (ou de código aberto, como prefirades chamarlle). Nese artigo, resaltabamos que o propio proxecto nos facilitou moito as cousas ao poder atopar na páxina web do mesmo materiais cos que traballar.

Seguir lendo

Como se fixo “Sintel” (I)

Durante o curso pasado, desde a equipa de dinamización lingüística do Daviña promovemos unha actividade que consistiu en facer a dobraxe dunha curtametraxe, cuxa versión orixinal fora feita en inglés, ao galego. O actividade en si parecía complexa, mais finalmente foi máis doada de facer do que de primeiras puidera parecer, por iso imos explicar un pouco por riba o procedimento que seguimos.

Seguir lendo

Sabela González

O pasado luns ás 12:35 tivemos a sorte de poder contar no IES Daviña Rei coa compañía de Sabela González que nos veu falar do seu libro “Bágoa de Lúa”, primeiro da triloxía fantástica “AS CRÓNICAS DE LANDEREINA”.

A escritora, nada en Burela en 1981, traballa na Universidade de Vigo e é tamén unha destacada blogueira, unha debuxante empedernida e poeta esporádica, comparte as súas creacións no blog Gramática de corpos. A obra “Bágoa de Lúa” é a súa primeira novela.

http://www.gramaticadecorpos.com/

Nun seguinte post irán as fotos da visita.

Concursos de Nadal

A ANPA convocou en Nadal dous concursos entre o alumnado do centro: un de microrrelatos e outro de postais. Os traballos deberían ter como tema sentimentos, vivencias, lembranzas ou aquelo que o tempo de Nadal nos evoque. Con moito retraso (porque xa pasou hai un mes) amosámosvos aquí os cartaces da convocatoria no que figuran as bases, e nunha próxima entrada subiremos as postais e os relatos gañadores.

Microrrelatos2013_cartaz Postais2013_cartaz

Miguel Anxo Fernández

This slideshow requires JavaScript.

O creador dun dos nosos detectives preferidos, Frank Soutelo, estivo con nos o pasado 4 de decembro. Contounos como era o seu proceso creativo e multitude de anécdotas en torno á creación das súas obras. Desde ollándonos queremos agradecerlle a amabilidade que tivo con nos e dicirlle que agardamos poder volver contar coa súa presenza nunha próxima ocasión.

O Daviña nos Encontros de Cineclubs

Os pasados días 16 e 17 de novembro celebráronse en Monforte os Encontros de Cineclubs. Nesta edición participaron representantes das federacións de cineclubs de Portugal, Cataluña e Galiza. Na primeira xornada poidemos expoñer as actividades que realizamos co audiovisual no noso instituto, facendo énfase no proxecto de dobraxe e subtitulado ao galego que levamos a cabo o pasado curso e que, visto o éxito da actividade, continuaremos este. Amosamos algunhas fotos do evento e o programa que se realizou. Resultaron unhas xornadas do mais estimulante e os comentarios por parte dos asistentes foron moi gratificantes, animándonos a seguir coas nosas actividades.

This slideshow requires JavaScript.

Café con …

antonlopo                                                                            Nesta ocasión acompañounos o escritor, xornalista e actor monfortino Antón Lopo.       Con el mantivemos unha animada charla na que participaron algúns profesores e alumnos. Ademais concretamos os detalles dunha actuación para o alumnado do centro que terá lugara a vindeira semana. Aquí podedes ver unha foto do café con Lopo.

2013-11-28 11.49.36_p