Un ano máis o IES Daviña Rei cumpre coa tradición de homenaxear ao poeta no seu aniversario. Velaquí tedes as fotos (e perdoade a tardanza en subilas).
Arquivo da categoría: Letras Galegas
Efemérides: un día coma hoxe hai cen anos naceu Xosé Mª Díaz Castro
O poeta será o homenaxeado neste ano polo Día das Letras Galegas. Se queredes ir sabendo máis sobre el deixamosvos algunhas ligazóns:
http://praza.com/cultura/6551/diaz-castro-e-un-outsider-un-creador-cunha-estetica-unica/
Especiais Letras Galegas: Todos os números
Deixámosvos todos os especiais que levamos feito até agora con motivo do Dia das Letras Galegas e tamén un especial a maiores que se publicou con motivo do 50 cabodano de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.
Documental sobre o poeta chairego Manuel María
Roberto Vidal Bolaño será o homenaxeado no próximo Día das Letras Galegas
Finalmente xa coñecemos a persoa a quen se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas. Trátase de Roberto Vidal Bolaño (Compostela 31 de Xullo de 1950 – 11 de Setembro de 2002) figura moi polifacética ligada ás artes escénicas. Ao longo da súa traxectoria fixo de actor, director e escenógrafo, ainda que é a súa faceta como autor teatral a que evidentemente pesou máis á hora de ser escollido pola Real Academia Galega.
Máis información:
http://praza.com/cultura/1333/as-letras-2013-para-vidal-bolano/
50 Aniversario do Día das Letras Galegas
Aquí podedes ver as fotos da exposición dos cartaces conmemorativos do 50 aniversario do Día das Letras Galegas que a Real Academia Galega encargou a diversos artistas plásticos.
A expo foi montada polo alumnado do PDC e como vedes quedou espléndida.
Así da gusto!
Exposición Valentín Paz Andrade
Aquí temos o noso alumnado contemplando a exposición de cartaces do Día das letras Galegas 2012 adicada a Valentín Paz Andrade.
Correlingua 2012
O pasado día 15 de maio celebrouse o Correlingua 2012 en Monforte de Lemos. Nel, como é costume noso, participaron o alumnado de 1º e 2º da ESO. Levamos unha pancarta moi chula que dicía: CORRE DÁLLE Á LINGUA!
Este ano leuse un manifesto dos alumnos de 4º de ESO do CPI de Pontecesures. Podédelo consultar en http://www.correlingua.org/plananos.aspx?ApartId=3.
Un saúdo e lembra
CORRE E DÁLLE Á LINGUA!
Día das Letras Galegas 2012
Como sabedes este ano o Día das Letras Galegas adícase a Valentín Paz Andrade. O escritor tivo un labor salientable como avogado, no mundo da empresa, como xornalista, político comprometido con Galicia, no mundo da economía, biógrafo, ensaísta, …
Ademais este ano é o cincuenta aniversario do Día das Letras Galegas, conmemorado pola Real Academia Galega cun logo especial. No Daviña Rei celebrámolo de xeito especial colocando as pancartas que vedes a continuación á entrada do instituto. Podedes premer enriba delas e amplialas. Esperamos que vos gusten!