Visita á Fundación Manuel María

O pasado día 15 de novembro o alumado de 2º, 3º e 4º da ESO realizaron, acompañados dos seus profesores, unha visita á Fundación Manuel María, na casa natal do poeta en Outeiro de Rei.

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos foi constituída en marzo de 2007 e declarada de interese galego mediante a Orde da Consellaría de Cultura e Deporte de 11 de xuño dese mesmo ano.

A súa finalidade central e manter o legado e a memoria de Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato dispor dun espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego. Para iso foi adquirida a súa casa natal en Outeiro de Rei e realizáronse nela obras de remodelación para convertela en Casa Museo Manuel María. Foi inaugurada o día 7 de setembro de 2013.

Velaquí algunhas fotos.

This slideshow requires JavaScript.

Ex-alumnos do Daviña triunfan na III edición dos premios “Somos a curta”

Somos a curta” é un certame organizado pola “Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación” que ten por obxecto ” premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia”.

Seguir lendo

Rematou a dobraxe e subtitulado de Sintel.

A equipa de dinamización linguística do Daviña, coa colaboración de alumnos de diversos cursos, rematamos coa dobraxe de Sintel, unha curtametraxe de animación promovida pola Blender Foundation con licenza libre. Ao premer en seguir lendo podedes acceder ás distintas versións que fixemos ainda que falta unha por editar que é a feita por alumnos da ESO. Agardamos que as desfrutedes, sobre todo aqueles que participastes no proxecto.

Seguir lendo