Desmontando os estereotipos de xénero: é hora de mudar o guión

Deixamos para a vosa reflexión este interesante video no que se desmontan os principais tópicos asociados aos xéneros.

Foi realizado pola polifacética Clara Gayo coa colaboración do alumnado do CPI Alfonso VII, IES Aquis Celenis e máis o Colexio San Fermín.

Advertisements

Un exemplo de convivencia linguística: o chamado Modelo Burela

Burela é unha vila situada no norte da provincia de Lugo na chamada “Mariña Luguesa” que, grazas a ser un importante porto pesqueiro e á proximidade da fábrica de aluminio de Alcoa, conta con habitantes de distintas procedencias (africanos, asiáticos, latinoamericanos…)

Seguir lendo

Intercambio Lingüístico co IES Otero Pedraio

O pasado mércores, 6 de xuño, o alumnado da ESO do IES Daviña Rei viaxou á cidade de A Coruña para corresponder a visita que os seus compañeiros/as do IES Otero Pedraio lles fixeron o pasado 29 de maio.

Visitaron a Real Academia Galega, A Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán e fixeron un percorrido pola cidade vella. Logo xantaron todos xuntos no instituto coruñés e pola tarde visitaron a Domus e percorreron o paseo marítimo ata a Torre de Hércules.

Aí tedes algunhas fotos…

This slideshow requires JavaScript.

Intercambio Lingüístico cp IES Otero Pedraio

O conto comezou cun intercambio de cartas entre alumnado de ESO do noso centro e alumnado do IES Otero Pedraio de A Coruña. Seguiu o pasado martes 29 coa visita dos alumnos e alumnas do centro coruñés que se cartearon cos do noso centro, acompañados de dúas profesoras, Begoña e Luz, e un profe, Antón. E continuará o próximo mércores 6 cando lles devolvamos a visita aló, na súa cidade.

Esperamos que o pasaran ben con nos e que lles gustaran as actividades que lles programamos. A verdade é que pola nosa parte non temos máis que palabras de agradecemento para alumnos/as e profes polo ben que o pasamos con eles e o seu comportamento exquisito, a pesar do maratoniana que foi a xornada.

O dito grazas e unha aperta.

Velaí algunhas fotos do Intercambio e un pequeno vídeo.

This slideshow requires JavaScript.

Amores prohibidos 2.0: unha versión actual e galega do clásico de Willian Shakespeare “Romeo e Xulieta”

A compañía de teatro alternativo Chévere en parcería con os alumnos do IES A Cachada de Boiro, están a facer esta semana (desde o 23 ao 27) unha curiosa adaptación do clásico de William Shakespeare. Trátase de “Amores Prohibidos” coa que pretenden levar o teatro ás redes sociais.

Seguir lendo