Francisco Castro no Daviña

O escritor vigués Francisco Castro acompañounos no Daviña para falar sobre a súa novela “O corazón de Branca de Neve”.

CAM01427 As nosas alumnas de 4º da ESO, Mimí e Laura, deleitáronnos con un rap.
Deixamos aquí a letra composta por Mimí e inspirada na novela.

Un inspector especial
vainos a axudar
unha bebé desaparecida
Leila cura a túa ferida.

Hermida, busca a nena
busca, a quen a teña.
Sonia, ven e axuda
faille caso ás túas pescudas.

Losada, mal policía
corrupto, noite e día.
Hermida, deteno
lévao ao inferno.

Leila, recuperarás a túa filla
tan só confía en Hermida.
Losada, ó cárcere vas,
diso ninguén te salvará.

Advertisements

Buscamos Logotipo para o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística

  1. Poderá participar todo o alumnado do IES Daviña Rey.
  2. O deseño deberá ser dunha soa cor e un tamaño máximo de 14 x 10 cm.
  3. O prazo de presentación acabará o día 1 de decembro de 2014.
  4. O debuxo gañador adaptarase para realizar unha peza en 3D.
  5. O gañador/a recibirá un vale de 50 euros para gastar na Libraría Pelayo.

diseno

Rap Bágoa de lúa

Nun lugar cheo de amazona
escóndete onde poidasLandereina en perigo está
quen a vai salvar?

Berenguela e Güenaela
dúas valentes moi guerreiras
o que deben conseguir
é salvarnos para vivir.

Pedra de lúa nosa perdición
para algúns grande ambición
a bágoa deben destruír
parra volver sorrir.

Nesta aventura xa verán
os amiguiños que farán
dende centauros ata un mago
conseguiremos aliados.

Esmeralda (Mimí)

Gañadores dos Concursos de Nadal

Como prometéramos, velaquí as postais gañadoras dos Concursos de Nadal 2013. Esperamos que vos gusten as elixidas, aínda que ao xurado foille bastante difícil elixir, dada a calidade dos traballos presentados e o alto número que deles había. Noraboa aos que gañaron e tamén ao resto dos participantes.

postal1        POSTAL2

Estela Sánchez González (3º ESO-B)           Iago López Enríquez (1º ESO)

Miguel Anxo Fernández

This slideshow requires JavaScript.

O creador dun dos nosos detectives preferidos, Frank Soutelo, estivo con nos o pasado 4 de decembro. Contounos como era o seu proceso creativo e multitude de anécdotas en torno á creación das súas obras. Desde ollándonos queremos agradecerlle a amabilidade que tivo con nos e dicirlle que agardamos poder volver contar coa súa presenza nunha próxima ocasión.

A versión galega do ‘Apalabrados’ arrasa

O ‘Apalabrados’ é un dos xogos máis adictivos do momento, converteuse en Xogo do Ano 2012 na App Store e conta con máis de 10 millóns de usuarios. A fórmula do seu éxito? Trátase dunha variante do clásico Scrabble, adaptado para dous xogadores en móbiles, xógase por quendas sen tempo límite e xa está dispoñible en varios idiomas, incluído o galego. Esa versión na nosa lingua foi encargada pola empresa arxentina Etermax, creadora do xogo, a Cilenis, unha ‘spin-off’ nacida na Universidade de Santiago.

Isaac González, socio da firma compostelá e ben coñecido no noso Centro.