O galego no sofware

Hoxe en día hai diversas ferramentas e aplicacións que nos axudan a escribir correctamente en galego. De algunhas delas xa temos falado neste blogue; así contades na parte dereita da páxina cunha sección dentro das ligazóns que se chama ferramentas linguísticas nas que temos algunhas delas como dicionarios e conxugadores. Nesta última categoría temos o conxugador Cilenis, que conxuga verbos tanto en galego coma en portugués e español, podéndose descargar tamén unha aplicación para o Android. Cilenis e a empresa responsábel desta aplicación tendo tamén outra máis a salientar: o traductor Opentrad feito en parcería coa empresa Imaxin Software da cal imos falar de seguido.

Efectivamente esta última empresa é a protagonista de  outra das novidades: Galgo que axuda a corrixir non só erros ortográficos e tipográficos senón tamém léxicos, podendo tamén facer suxestións en función de como o usuario o configure. Esta aplicación é para ser usada en calquera versión de Microsoft Office e conta tamén cunha versión para MAC. Imaxin ten tamén outros productos moi interesantes no seu catálogo, como por exemplo correctores de galego para o OpenOffice e é de supor que tamén funcionarán na versión mais moderna: o LibreOffice.

Estes últimos programas poden ser descarregados en galego aquí e aquí sendo o último desde o meu punto de vista o máis recomendábel, xa que o OpenOffice tivo ultimamente problemas no seu desenvolvemento debido a que a empresa que se fixo cos seus dereitos, a Oracle, tentou mudar a sua licenza, que é libre, ao cal a comunidade que estaba detrás do desenvovemento do proxecto respostou abandonándoo e creando a Free Document Foundation desde a cal seguiron desenvolvendo o OpenOffice, mais xa co nome de LibreOffice. A Oracle ao ver fracasar os seus plans voltou a liberar o proxecto OpenOffice que agora é desenvolvido por outra entidade: a Apache Foundation porén, como xa foi dito, o seu desenvolvemento estivo interrumpido por un tempo e os desenvolvedores orixinais continuaron co outro proxecto. Tanto LibreOffice como OpenOffice están disponibeis para os tres principais sistemas operativos ben Windows ou iOS (Mac) ou, finalmente, os baseados no kernel Linux. Alén diso, son compatibeis con todos os formatos de documentos, incluídos os propios de MSOffice, a diferencia de o programa da multinacional americana que trata de impor os seus propios formatos e ignora totalmente os formatos abertos de Open Document. Hai un titorial en galego para o LibreOffice aquí

Finalmente, a última aplicación da que falaremos hoxe é un engadido para o navegador  da Fundación Mozilla: o Firefox,  un dos máis populares de hoxe en día e tamén software libre e multiplataforma como o LibreOffice. Grazas a este engadido que podes descarregar premendo aquí, podes ter entre os motores de pesquisa que están na parte superior dereita do navegador o Dicionario online da Real Academia Galega.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s