Como se fixo “Sintel” (e II)

Como prometemos nun artigo anterior, imos explicarvos un pouco como fixemos para realizar a dobraxe ao galego da curtametraxe de animación “Sintel”, empregando software libre (ou de código aberto, como prefirades chamarlle). Nese artigo, resaltabamos que o propio proxecto nos facilitou moito as cousas ao poder atopar na páxina web do mesmo materiais cos que traballar.

Seguir lendo

Como se fixo “Sintel” (I)

Durante o curso pasado, desde a equipa de dinamización lingüística do Daviña promovemos unha actividade que consistiu en facer a dobraxe dunha curtametraxe, cuxa versión orixinal fora feita en inglés, ao galego. O actividade en si parecía complexa, mais finalmente foi máis doada de facer do que de primeiras puidera parecer, por iso imos explicar un pouco por riba o procedimento que seguimos.

Seguir lendo

O “amornado” compromiso co galego dalgúns medios de comunicación

Hoxe, nun coñecido medio de comunicación galego, podemos ver cun simpático exemplo a que se reduce a presenza do galego nalgúns medios de comunicación e a falla de atención que prestan ás edicións dixitais en galego. Deixamosvos dúas capturas de pantalla abaixo para que vexades por vós mesmos. Non se trata de unha palabra no medio dunha noticia senón do titular.

Pódese deducir en qué consiste a edición en galego deste medio: simplemente pasar un traductor automático á edición en castelán. O lamentábel disto é que estes medios reciben subvencións (cartos de todos) por publicar en galego.Captura de pantalla de 2014-02-12 10:35:13 Captura de pantalla de 2014-02-12 10:40:28

Ex-alumnos do Daviña triunfan na III edición dos premios “Somos a curta”

Somos a curta” é un certame organizado pola “Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación” que ten por obxecto ” premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia”.

Seguir lendo

Rematou a dobraxe e subtitulado de Sintel.

A equipa de dinamización linguística do Daviña, coa colaboración de alumnos de diversos cursos, rematamos coa dobraxe de Sintel, unha curtametraxe de animación promovida pola Blender Foundation con licenza libre. Ao premer en seguir lendo podedes acceder ás distintas versións que fixemos ainda que falta unha por editar que é a feita por alumnos da ESO. Agardamos que as desfrutedes, sobre todo aqueles que participastes no proxecto.

Seguir lendo

O galego no sofware

Hoxe en día hai diversas ferramentas e aplicacións que nos axudan a escribir correctamente en galego. De algunhas delas xa temos falado neste blogue; así contades na parte dereita da páxina cunha sección dentro das ligazóns que se chama ferramentas linguísticas nas que temos algunhas delas como dicionarios e conxugadores. Nesta última categoría temos o conxugador Cilenis, que conxuga verbos tanto en galego coma en portugués e español, podéndose descargar tamén unha aplicación para o Android. Cilenis e a empresa responsábel desta aplicación tendo tamén outra máis a salientar: o traductor Opentrad feito en parcería coa empresa Imaxin Software da cal imos falar de seguido.

Seguir lendo