Visita á Fundación Manuel María

O pasado día 15 de novembro o alumado de 2º, 3º e 4º da ESO realizaron, acompañados dos seus profesores, unha visita á Fundación Manuel María, na casa natal do poeta en Outeiro de Rei.

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos foi constituída en marzo de 2007 e declarada de interese galego mediante a Orde da Consellaría de Cultura e Deporte de 11 de xuño dese mesmo ano.

A súa finalidade central e manter o legado e a memoria de Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato dispor dun espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego. Para iso foi adquirida a súa casa natal en Outeiro de Rei e realizáronse nela obras de remodelación para convertela en Casa Museo Manuel María. Foi inaugurada o día 7 de setembro de 2013.

Velaquí algunhas fotos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

CAFÉ CON…

ansemil_blogAcompañounos nesta ocasión Xosé Luís Ansemil Moreira, Coordinador provincial dos equipos de dinamización da lingua galega de Lugo. Xunto co café poidemos degustar unhas estupendas castañas asadas, xa que cadrou coa celebración do Magosto no centro. Charlamos sobre as actividades realizadas no curso anterior e tamén sobre algúns dos proxectos que pensamos desenvolver neste. Trasladounos o seu apoio e ofreceuse a colaborar con nos nalgunha das actividades. Dende ollándonos querémoslle agradecer a visita e a súa animada conversa.

ansemil_1_blog Seguir lendo

Ex-alumnos do Daviña triunfan na III edición dos premios “Somos a curta”

Somos a curta” é un certame organizado pola “Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación” que ten por obxecto ” premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia”.

Seguir lendo