Amores prohibidos 2.0: unha versión actual e galega do clásico de Willian Shakespeare “Romeo e Xulieta”

A compañía de teatro alternativo Chévere en parcería con os alumnos do IES A Cachada de Boiro, están a facer esta semana (desde o 23 ao 27) unha curiosa adaptación do clásico de William Shakespeare. Trátase de “Amores Prohibidos” coa que pretenden levar o teatro ás redes sociais.

Seguir lendo

Lenda sobre a Pena da Moura de Remesar (Bóveda)

Deixámosvos un video, publicado en “V Televisión”, que fala da lenda da Pena da Moura de Remesar, unha das moitas lendas que hai espalladas por Galiza que están relacionadas coas Mouras, eses seres máxicos e misteriosos de orixe dubidosa que habitaban nas fragas. Podedes achalo premendo aquí.

Premios

Felicitamos a tres amigos de ollándonos: Olga Novo, Antón Riveiro Coello e Agustín Fernández Paz polos premios recentemente acadados. A saber:

  • Olga Novo Premio da Crítica 2011 polo seu poemario Cráter.
  • Antón Riveiro Coello Premio da Crítica 2011 polo súa novela Laura no deserto
  • Agustín Fernández Paz premio Antón Losada Diéguez 2011 pola súa novela Non hai noite tan longa.

Novas aplicacións en galego para “tablets” e teléfonos móbiles

As “tablets” e teléfonos móbiles baseados en Apple ou Android poderán dispor de unha serie de aplicacións de balde “que permiten conxugar verbos en galego (ConxuGalego), buscar o significado de termos galegos (DicionarioGalego) e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa (TradutorGalego)”, segundo os creadores destas aplicacións, a empresa GalApps.

As aplicacións pódense baixar de balde das páxinas web de Apple e Android nas seguintes ligazóns:

ConxuGalego (AppStore) (Android Market)

DicionarioGalego (AppStore) (Android Market)

TradutorGalego (AppStore) (Android Market)

A Real Academia da Lingua Galega estrea páxina web e dicionario online

A RAG estreou este venres nova páxina web e entre as novidades máis salientabeis contará cun dicionario online que mellora substancialmente o anterior. Conta con máis de 50 mil entradas, información sobre a pronunciación, propiedades gramaticais, sinónimos, antónimos e outros datos de interés. Máis información aqui.

Na parte dereita da páxina principal do Ollándonos contaredes con ligazóns tanto á nova páxina da RAG como ao dicionário online.