I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos

O Colectivo Lemos Le convoca esta primeira edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes ha historia das Terras de Lemos. Cada ano escollerase a figura dunha muller que fora relevante na historia das Terras de Lemos, que nacera, vivira ou morrera na comarca, ou cuxa vida estivera moi relacionada con ela. Intentarase que cada convocatoria sexa adicada a unha muller dunha localidade diferente.

O certame deste ano versará sobre a figura de Inés de Castro, establécendose dúas modalidades: a) Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos b)Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

cartel_inesdecastro_peq

Como se fixo “Sintel” (e II)

Como prometemos nun artigo anterior, imos explicarvos un pouco como fixemos para realizar a dobraxe ao galego da curtametraxe de animación “Sintel”, empregando software libre (ou de código aberto, como prefirades chamarlle). Nese artigo, resaltabamos que o propio proxecto nos facilitou moito as cousas ao poder atopar na páxina web do mesmo materiais cos que traballar.

Seguir lendo

O Parlamento dará luz verde hoxe á ILP “Valentin Paz Andrade”

O Parlamento Galego aprobará hoxe a Iniciativa Lexislativa Popular coñecida polo nome do poeta, avogado e empresario Valentin Paz Andrade, homenaxeado no Dia das Letras Galegas do ano 2012. Esta iniciativa visa unha maior presenza da lingua portuguesa no ensino así como unha maior participación das institucións galegas nos foros lusófonos culturais, económicos e deportivos.

Seguir lendo

Elaboran o “Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués”

O “Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués” é un proxecto que se inicia no ano 2009 por iniciativa do Instituto da Lingua Galega (ILG), da Universidade de Santiago de compostela, no ano 2009. Posteriormente fóronse engadindo máis universidades de Galiza, Portugal e Brasil ao proxecto, até chegar ás 20 que actualmente colaboran nel.

Trátase dunha base de datos léxica, que permite consultar información contida en traballos de léxico dialectal galego-portugués nas súas distintas variantes. Pódese consultar na seguinte ligazón.

Para máis información:

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/17782.html

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18808

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/xa-na-rede-tesouro-do-lexico-patrimonial-galego-portugues/idEdicion-2014-02-21/idNoticia-854128/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/02/21/estudan-lexico-patrimonial-galicia-portugal-brasil/0003_201402G21P39992.htm?idioma=galego

Efemérides: un día coma hoxe hai cen anos naceu Xosé Mª Díaz Castro

O poeta será o homenaxeado neste ano polo Día das Letras Galegas. Se queredes ir sabendo máis sobre el deixamosvos algunhas ligazóns:

http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/centenario-diaz-castro-inaugura-actos-no-ano-dedicado-ao-poeta/20140213102322024113.html

http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/armando-requeixo-diaz-castro-estela-solitaria-na-nosa-historia-literaria/20140219063741024352.html

http://praza.com/cultura/6551/diaz-castro-e-un-outsider-un-creador-cunha-estetica-unica/

Presentación dos actos do Ano Díaz Castro

O “amornado” compromiso co galego dalgúns medios de comunicación

Hoxe, nun coñecido medio de comunicación galego, podemos ver cun simpático exemplo a que se reduce a presenza do galego nalgúns medios de comunicación e a falla de atención que prestan ás edicións dixitais en galego. Deixamosvos dúas capturas de pantalla abaixo para que vexades por vós mesmos. Non se trata de unha palabra no medio dunha noticia senón do titular.

Pódese deducir en qué consiste a edición en galego deste medio: simplemente pasar un traductor automático á edición en castelán. O lamentábel disto é que estes medios reciben subvencións (cartos de todos) por publicar en galego.Captura de pantalla de 2014-02-12 10:35:13 Captura de pantalla de 2014-02-12 10:40:28

Concursos de Nadal

A ANPA convocou en Nadal dous concursos entre o alumnado do centro: un de microrrelatos e outro de postais. Os traballos deberían ter como tema sentimentos, vivencias, lembranzas ou aquelo que o tempo de Nadal nos evoque. Con moito retraso (porque xa pasou hai un mes) amosámosvos aquí os cartaces da convocatoria no que figuran as bases, e nunha próxima entrada subiremos as postais e os relatos gañadores.

Microrrelatos2013_cartaz Postais2013_cartaz

Miguel Anxo Fernández

O pase de diapositivas require JavaScript.

O creador dun dos nosos detectives preferidos, Frank Soutelo, estivo con nos o pasado 4 de decembro. Contounos como era o seu proceso creativo e multitude de anécdotas en torno á creación das súas obras. Desde ollándonos queremos agradecerlle a amabilidade que tivo con nos e dicirlle que agardamos poder volver contar coa súa presenza nunha próxima ocasión.

O Daviña nos Encontros de Cineclubs

Os pasados días 16 e 17 de novembro celebráronse en Monforte os Encontros de Cineclubs. Nesta edición participaron representantes das federacións de cineclubs de Portugal, Cataluña e Galiza. Na primeira xornada poidemos expoñer as actividades que realizamos co audiovisual no noso instituto, facendo énfase no proxecto de dobraxe e subtitulado ao galego que levamos a cabo o pasado curso e que, visto o éxito da actividade, continuaremos este. Amosamos algunhas fotos do evento e o programa que se realizou. Resultaron unhas xornadas do mais estimulante e os comentarios por parte dos asistentes foron moi gratificantes, animándonos a seguir coas nosas actividades.

O pase de diapositivas require JavaScript.