Lipdub da xente do IES de Chapela para promocionar o uso do galego entre a rapazada

Alumnos, mestres, persoal non docente, nais, pais, veciños e veciñas, ata xuntar perto de   catrocentas persoas, participaron o 5 de xuño pasado na realización dun lipdub baseado na popular canción de Gloria Gaynor “I will survive” ideado polo EDLG do IES Chapela.

Seguir lendo

Roberto Vidal Bolaño será o homenaxeado no próximo Día das Letras Galegas

Finalmente xa coñecemos a persoa a quen se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas. Trátase de Roberto Vidal Bolaño (Compostela 31 de Xullo de 1950 – 11 de Setembro de 2002) figura moi polifacética ligada ás artes escénicas. Ao longo da súa traxectoria fixo de actor, director e escenógrafo, ainda que é a súa faceta como autor teatral a que evidentemente pesou máis á hora de ser escollido pola Real Academia Galega.

Máis información:

Real Academia

http://praza.com/cultura/1333/as-letras-2013-para-vidal-bolano/

http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/o-dia-das-letras-do-2013-para-roberto-vidal-bolano/20120622205622002638.html

50 Aniversario do Día das Letras Galegas

Aquí podedes ver as fotos da exposición dos cartaces conmemorativos do 50 aniversario do Día das Letras Galegas que a Real Academia Galega encargou a diversos artistas plásticos.

A expo foi montada polo alumnado do PDC e como vedes quedou espléndida.

Así da gusto!

Intercambio Lingüístico co IES Otero Pedraio

O pasado mércores, 6 de xuño, o alumnado da ESO do IES Daviña Rei viaxou á cidade de A Coruña para corresponder a visita que os seus compañeiros/as do IES Otero Pedraio lles fixeron o pasado 29 de maio.

Visitaron a Real Academia Galega, A Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán e fixeron un percorrido pola cidade vella. Logo xantaron todos xuntos no instituto coruñés e pola tarde visitaron a Domus e percorreron o paseo marítimo ata a Torre de Hércules.

Aí tedes algunhas fotos…

O pase de diapositivas require JavaScript.

Intercambio Lingüístico cp IES Otero Pedraio

O conto comezou cun intercambio de cartas entre alumnado de ESO do noso centro e alumnado do IES Otero Pedraio de A Coruña. Seguiu o pasado martes 29 coa visita dos alumnos e alumnas do centro coruñés que se cartearon cos do noso centro, acompañados de dúas profesoras, Begoña e Luz, e un profe, Antón. E continuará o próximo mércores 6 cando lles devolvamos a visita aló, na súa cidade.

Esperamos que o pasaran ben con nos e que lles gustaran as actividades que lles programamos. A verdade é que pola nosa parte non temos máis que palabras de agradecemento para alumnos/as e profes polo ben que o pasamos con eles e o seu comportamento exquisito, a pesar do maratoniana que foi a xornada.

O dito grazas e unha aperta.

Velaí algunhas fotos do Intercambio e un pequeno vídeo.

O pase de diapositivas require JavaScript.